martes, 4 de xuño de 2024

Digicraft no teu cole

Durante este curso tamén participamos no proxecto Digicraft no teu cole, implementando unha serie de actividades tecnolóxicas que permiten que o noso alumnado desenvolva habilidades dixitais, fomenta a creatividade e o traballo en equipo. 


Na avaliación inicial da competencia dixital do noso alumnado, observamos que xa tiña un coñecemento medio de Scratch como ferramenta de programación, o que nos permitiu ter un punto de partida para o uso das demais aplicacións de programación. 

Actividades como Que animal son?, Aventura DixitalPesadelo na Biblioteca, And the Oscar goes to…, Imos de viaxe a…, ou Creamos un vídeoxogo, permítenlles desenvolver competencias dixitais clave, a colaboración e o pensamento crítico, empregando a tecnoloxía de maneira innovadora e responsable, preparándose así para os desafíos do século XXI.

Preme nesta imaxe se queres ver algunha fotiño máis.



Ningún comentario: