Amosando publicacións coa etiqueta Amtega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Amtega. Amosar todas as publicacións

xoves, 21 de novembro de 2019

E máis Digicraft no teu cole: buscadores e Toontastic

Todas as semanas temos unha sesión de "Digicraft no teu cole" en cada un dos niveis para os que están plantexadas. Empregamos os nosos grupos de traballo cooperativo e certamente isto nótase, pois cada vez traballan mellor entre si de forma autónoma.

Na terceira sesión de Digicraft no teu cole empregamos os buscadores de internet para lograr completar un rosco de pasapalabra. Hai que dicir que algunha resposta xa a sabíamos, pero o logro estaba en amosar os resultados das nosas pesquisas nas tabletas. Ufff!!! Que difícil é buscar cando se sabe a resposta!!! 



E na cuarta das sesións demos renda solta á nosa imaxinación e demostramos que temos moito, pero que moito talento creativo. Coa app Toontastic creamos as nosas propias películas animadas. Escollemos escenarios, personaxes , inventamos os diálogos e planificamos a acción. 
Logo, por parellas, buscamos un sitio tranquilo para poder grabar ben o audio das nosas películas e para non interferir nas grabacións dos nosos compañeiros.

Algunhas das creacións que resultaron poden incluso gañar un premio "Mestre Mateo". Se os autores e autoras, "ceden os seus dereitos", en breve amosarémosvos algunhas delas...

Por se queredes probar en casa, deixámosvos aquí un enlace á app para que a descarguedes nos vosos dispositivos portátiles e deixedes voas a vosa imaxinación.







mércores, 6 de novembro de 2019

Digicraft no teu cole: Draw your game

E na sesións desta semana de Digicraft no teu cole pasámolo xenial, ademais de aprender un montón. 
Fomos quen de crear o noso propio videoxogo empregando só unha folla de papel e rotuladores. Increíble pero certo!!!



Seguindo unhas pequenas instruccións creamos os nosos escenarios (rotulador NEGRO), colocamos algunhas plataformas de salto (rotulador VERDE), os elementos a manipular (rotulador AZUL) e por suposto aos nosos viláns (rotulador VERMELLO).

Escaneamos e listos... A xogar no noso debuxo!!! 

Despois dos primeiros intentos, démonos conta de cómo poderíamos mellorar o deseño tanto do escenario como dos elementos de xogo, e así, redeseñamos o noso propio videoxogo.

Queres probalo en casa? Colle a túa tableta ou teléfono e escanea este código QR para descargarte a aplicación gratuitamente e a xogar!

mércores, 23 de outubro de 2019

Digicraft no teu cole: primeiras sesións.


E como moitas e moitos de vós saberedes, fomos seleccionados entre máis dun centenar de centros en toda Galicia para desenvolver o Programa Digicraft no teu cole, que busca  axudar aos nenos e as nenas a adaptarse a unha sociedade dixital e amosarlles as posibilidades que ofrece a tecnoloxía, non só como consumidores, senón tamén como creadores.


Consta de 2 itinerarios para 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. O primeiro deles está baseado en actividades de realidade aumentada e videoxogos, e o segundo itinerario xirará entorno á robótica e a intelixencia artificial.
O programa ten unha duración de dous cursos escolares, e para o vindeiro incorporará ademais ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. 

Ten unha dotación de 12 tabletas e 2 kits tecnlóxicos, que grazas á Fundación Vodafone e AMTEGA poderemos disfrutar durante os dous cursos que durará o programa.

E queredes saber como está resultando? Pois a verdade é que é unha experiencia xenial! O alumnado traballa moi concentrado e ademais de xeito lúdico, creandose un clima moi divertido na biblioteca. Preme na foto de abaixo se queres ver máis.


Nesta primeira sesión traballamos coa aplicación Wafty, que permite debuxar no espazo. Istos son os nosos primeiros pasos na realidade aumentada. Empezamos!