martes, 6 de febreiro de 2024

Formación Radio na Biblio con Isidoro Valerio


Hoxe, todo o profesorado do cole tivemos a grandísima sorte de poder realizar unha formación en radio con Isidoro Valerio, locutor en Radio Voz e condutor do programa "Voces de Ferrol".
Sen dúbida unha tarde moi proveitosa na que aprendimos a manexar a mesa de son, o programa de edición de audios e tamén a sentirnos un pouco máis cómodas ante os micrófonos.


 

Grazas por esta marabillosa tarde de aprendizaxe!

Ningún comentario: