Hoxe voltou Pablo "Péibol" para axudarnos a poñer a punto os bancais e ir transformando a nosa horta desde o punto de vista da permacultura. Esta iniciativa está enmarcada dentro do Contrato Programa edu-sostibilidade e complementa o noso proxecto Axenda 2030.
Voltamos a falar da asociación de cultivos e da importancia de aportarlle á terra os nutrintes que precisa de forma natural a través destas asociacións.
Comezamos acondicionando os bancais e formando un novo macizo ao pe doutra árbore da horta para acubillar froiteiras mentras medra; Fixemos semilleiros, plantamos bulbos, brotes e sementes; Arrincamos as malas herbas, observamos os brotes que crecen nos macizos do redor das árbores e pegados ao muro e amañámolos. Unha mañá moi intensa, con moito que facer e na que a choiva dounos moi pouco respiro. Aínda así, traballamos arreo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario