venres, 9 de febreiro de 2024

E así foi a nosa celebración do Entroido en Banda Deseñada

Hoxe o cole estivo invadido das máis variopintas personaxes da banda deseñada... clásicos, modernos, do país, do manga... dos que saen nas pelis, dos que case ninguén coñece... E dímonos conta que isto é un universo no que temos moito por descubrir. 

E ti, de que vas? Foi a pregunta máis repetida ao longo da mañá. Desde a Mafalda de Quino, ou Tintín e o Capitán Haddock de Hergé... ata Doraemon de Fujimoyo ou Arale de Toriyama do mundo manga, superheroes e superheroínas Marvel e por suposto outros máis próximos, como os Zipi y Zape de Escobar ou Dora a desbrozadora do noso Luis Dávila... todos estes e moitos máis estiveron presentes no noso entroido en banda deseñada.

Preme nesta imaxe para ver as fotos deste día.

E como a choiva deunos un respiro saímos a dar unha volta ao redor da escola para lucirnos acompañados das nosas familias. 

Xa de volta puidemos degustar unha merenda con doces entroideiros feitos na casa, grazas á colaboración da ANPA, quen se encargou da loxística dos petiscos e o reparto. Coma sempre, grazas!



E como a choiva seguiu respectándonos, queimamos o Meco, que viña disfrazado do Otilio "chapuzas a domicilio", a ver se nos remata as obras no cole dunha vez por todas... Iso si, non sen antes proceder á lectura do seu testamento.


E logo festa rachada... Música e bailes para a rapazada!


Que viva o Entroido e que viva a banda deseñada!

Ningún comentario: