martes, 27 de octubre de 2009

TEATRO JOFRE: "Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca" co Mago Cali


Hoxe pola mañá, e invitados pola Editorial Xerais, e dentro da campaña BOCABERTA, Asistimos a un espectáculo do Mago Cali. A través da súa maxia presentounos a novela "Amancio Amigo e O Meigo de Salamanca", un título de Xosé Miranda, ilustrado por Patricia Castelao.

"Amancio, que é o rapaz protagonista, é un mozo que vive no Courel. El é pobre, e está namorado de Susana, a filla do cacique, o cal significa: problemas. Amancio marchará a Salamanca a seguir estudando pero aí cambiará totalmente a súa vida cando entre en contacto cos meigos das covas de Salamanca... " ¿Como acabará esta historia de amor e fantasía?


Grazas á Editorial Xerais, que agasallou a cada un de nós co libro, poderemos coñecer de primeira man esta novela, e adentrarnos no mundo da maxia e do amor.
E agora invitámosvos a entrar con nós no Teatro Jofre ver algunhas das fotos que puidemos facer.

E tamén outras do exterior do propio teatro e dos seus arredores.


Tedes máis información sobre a campaña BOCABERTA no blog de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

GUSTOUME MOITO O ESPECTÁCULO DE MAXIA PORQUE TIÑA UN PANO AZUL E METEULLE UNS BRILLANTES. BICOS DE PAULA LORENZO RODRIGUEZ

Anónimo dijo...

Onte fomos a unha excursión ao Teatro Jofre e vimos un mago que fixo maxia, e ao final, fixo lume e o que máis me gustou foi un neno que subiu ao escenario e se puxo unha capa en forma de mago para atrás e parecía que o neno estaba facendo maxia.
Carolina de 5º

Chispa dijo...

Alégrome moito de que vos gustase o espectáculo do Mago Cali. Agora tedes que mergullarvos na lectura de "Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca" e contarme que vos parece.
Bicos para as dúas, Paula e Carolina.