xoves, 29 de outubro de 2009

ASTÉRIX E OBÉLIX CUMPLEN 50 ANOS

Uderzo, onte na Biblioteca François Mitterrand, xunto a Obélix. Foto: REUTERS


Efectivamente, hoxe cúmplense os 50 anos desa primeira publicación.
Recordaredes iso de... "Estes romanos están tolos!!",
pois René Goscinny e o debuxante Albert Uderzo son os pais desta historia que segue medrando da man do seu ilustrador, "Por Tutatis!"
Pincha en calquera dos "Asterix" para entrar no seu sitio oficial.

Este é un pequeno vídeo de debuxos animados
"Astérix e as 12 probas do César"








E este, un "trailer" da película "Astérix e Obélix: Misión Cleopatra"







Hoxe na biblioteca, como pequena homenaxe, e sobre todo para disfrutar deles, escollemos cómics para levar á casa e ler nesta ponte. Ademais, mañá, o alumnado de 2º e 3º ciclos fará unha saída guiada pola SGHN de Ferrol a Doniños, e aproveitará para visitar o castro costeiro de Lobadiz. O martes saberemos dos cómics lidos e desa saída..., se cadra atoparon algún tesouro, ou a Astérix e a Obélix de visita.

Ningún comentario: