mércores, 11 de febreiro de 2009

RECREOS NA BIBLIO

Un recreo coma outro calquera, e de xeito espontáneo, as nosas protagonistas decidiron convertirse en público, unhas; e en contacontos, outras... e este é o resultado.
Acabamos contando "Lobo Feroz", o que estaba farto de papas de arroz. E participaron o príncipe, a princesa, unha carrapuchiña, un rei... E cada un deles facía un papel no conto: de ovella, de burro...
Ante semellante espectáculo non puidemos máis que tirar unhas fotos para que queden para a posteridade.
A que son fermosas?

Ningún comentario: