martes, 10 de febreiro de 2009

AS IMAXES DA PAZ

Aquí vos deixamos as nosas imaxes:

* A nosa exposición dos libros cos que traballamos, nos que están incluídos os que fomos elaborando estes últimos anos.
* O noso puzzle xigante dun debuxo de Romero Britto. Grande, grande, grande, e feito entre todos os nenos, as nenas e as profes, e o profe, tamén.
* A lectura do noso terceiro libro colectivo da PAZ.
* A lectura dos poemas do noso alumnado estranxeiro. Uns preciosos poemas portugueses que máis preciosos soaron nas súas voces.
* A lectura do Manifesto da Paz que o noso Concello, desde a Área de Solidariedade, Cooperación e Voluntariado.

* E as cancións: "No dudaría" e a nosa tradicional "Canción de Entroido"

Benestar Social
Muller, Xuventude
E Solidariedade

Gaza, 16 de xaneiro de 2009


Querido diario,

Son eu, Omar, acórdaste de min?, eu non me esquecín de ti, pero estes últimos días non che puiden escribir porque non tiven luz na casa.

Hoxe foi o meu cumpreanos, cumprín 7. Ía ser o mellor día do ano, enriba da mesa habería comida, unha morea de doces, refrescos de laranxa, limón e cola.... do teito pendurarían globos de tódalas cores, ata habería unha enorme piñata chea de regalos. Ben, xa sabes que isto é o que espero tódolos anos, pero nunca teño. Pero ben, o máis importante era que, ían vir todos os meus amigos, Ahmed, Rania, Huda, Mohamed.... sería estupendo,o pasaríamos de marabilla!!!!!

Pero non puido ser.

De mañanciña mamá saíu da casa para mercar todo o preciso para a festa, pero de seguida volveu e díxome que o mercado estaba medio derruído, non había nada de comida, esa foi a miña primeira desilusión, pero non pasaba nada, os meus amigos estarían comigo e xogaríamos xuntos toda a tarde.

Xa eran as catro, estaba moi nervioso porque estaban a piques de chegar. Pero, pasaba o tempo e non aparecía ninguén, eu preguntáballe a mamá se esquecerían da data, xa hai tempo que non podemos ir a escola, porque agora alí vive a xente que non ten casa e ten medo dos estoupidos, por iso non nos vemos a diario.

Cando por fin chegou Mohamed xa eran as sete e media, e daquela contoumo todo:

Vindo de camiño para reunirse comigo escoitaron un forte estoupido e unha morea de po cegounos, centos de persoas berraban e corrían sen saber moi ben cara a onde. Mohamed tamén correu o que puido, tiña un brazo ferido pero non había ningún médico nin enfermeira que puidese axudalo. Ó chegar onda min aínda lle sangraba moito o brazo. Pero o peor de todo, e que non sabía nada dos outros compañeiros.

Xa son as once da noite e sigo sen saber nada de Ahmed, Rania, Huda,...., mamá dime que pode ser que non os volva a ver, eu non quero pensar iso!!!
son os meus amigos!! Non quero que me pase o mesmo que con papá ou a aboa, non quero deixar de ver á xente que quero!!!!

Mamá dime que non me preocupe por nada, que as cousas van mellorar, contoume que incluso hai países que están a axudarnos enviando comida, medicinas, xente que ven a curarnos..... pero que teñen moitos problemas para chegar aquí porque as estradas están cortadas e non os deixan pasar.

Querido diario,

Gustaríame que as cousas fosen distintas, que rematasen os estoupidos, que tivéramos luz tódolos días, médicos, comida, auga que se poida beber... e sobre todo poder volver á escola e xogar cos meus amigos.


Ningún comentario: