mércores, 3 de decembro de 2008

Flis - Fli - Ris - Flás

Aínda que con baixa resolución, aquí podedes ver un avance da peza teatral, que dentro da Campaña de Fomento do Galego "CÓNTALLO EN GALEGO", a Compañía Teatral MATAPIOLLOS traerá este domingo a Ferrol.
A Campaña de Fomento da Lingua Galega e da lectura no Ámbito Familiar está sendo desenvolvida de xeito conxunto pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia; e leva por título "Flis-Fli-ris-Flás"





"A nova campaña de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística comeza a súa andaina e inclúe libros, contacontos, música, xogos, pintura ou teatro da man de oito editoriais galegas. A Nosa Terra, Baía, Galaxia, Kalandraka, Oqo, Rodeira, Sotelo Blanco e Xerais desenvolven os proxectos, destinados a rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos.
A campaña realizarase en máis de 70 vilas e cidades galegas e comeza estes días, chegando ata o remate do ano. As actividades, que se achegarán a preto de 50.000 nenos e nenas de toda Galicia, teñen como obxectivo fomentar o uso do galego entre os máis novos, e serán todas de balde. O programa é moi variado, con oito propostas diferentes, e inclúe divertidas actividades destinadas a fomentar o galego entre os rapaces e rapazas, de quen depende, en boa parte, o futuro da nosa lingua.
Consulta todas as datas nos calendarios para non perderes ningunha! Para a organización de actividades co alumnado dos centros educativos en horario lectivo, cómpre poñerse en contacto cos servizos municipais de Normalización lingüística ou de Cultura." (...)

"Flis-fli-ris-flás - A Editorial Galaxia pon en marcha unha campaña de fomento da lingua galega e da lectura no ámbito familiar a través dunha representación teatral axeitada á idade dos cativos de entre 6 e 7 anos de idade. Ademais da posta en escena de Flis-fli-ris-flás, o proxecto prevé a entrega, a todo o alumnado galego do primeiro ciclo de primaria, dun conto baseado na obra, cunha serie de propostas lúdicas para ofrecerlles aos pais e cun CD interactivo con recursos de apoio e actividades. Galaxia leva a iniciativa a 47 concellos, nos que se representarán 75 funcións. VER CALENDARIO"
Seguiremos contando... Pero estade atentos, en Ferrol estarán este domingo, 7 de decembro.

Ningún comentario: