Durante mes e medio tivemos con nós unha das coleccións dos "Libros de Ida y Vuelta" da Fundación Germán Sánchez Ruipérez: "Leer a carcajadas", unha colección adaptada para os maiores de dez anos.
Foi todo un éxito ter estes libros con nós, e decidimos facer unha boa despedida para que todo o alumnado, incluso os máis pequenos, puidese, polo menos un día, disfrutar dalgunhas das súas páxinas. Así que preparamos un programa e fixemos dúas actuacións, primeiro para os maiores, e despois para os pequenos. Repartimos narices de pallaso, globos de cores e moitos risos e sorrisos. Incluso algún bostezo, pero de broma, eh?
"Natacha", "28 historias de risa", "El apestoso hombre queso y otros cuentos maravillosamente estúpidos" e "Batacazos. Poemas para reírse" foron os libros de onde seleccionamos os textos para interpretar
Aquí vos deixamos dúas reportaxes:
Actuación para 2º e 2º e 3º ciclos de Primaria.
4 comentarios:
Menuda armastes!!! Que gusto da ver esos nenos e nenas facendo rir.
Un biquiño dende Moaña
Foi unha experiencia xenial! Pero que atentos todos os nenos e nenas. E os contacontos, todos uns profesionais. Noraboa para eles! Fixéstedes que pasáramos un bo rato. Grazas rapaces. Vémonos polos corredores.
Estupendas fotos desa agradable e sobre todo divertida xuntanza.
Percíbese que o estades pasando moi ben.
un agarimoso saúdo de RAIOTECA.
hola son Nerea e, si paseino bomba co personaxe
jajajaja
que bonito quedou todo...
foi fantastico todo
Natacha eé do peor...
chao Chispa!!¡¡!!¡¡
Publicar un comentario