martes, 9 de junio de 2015

ÚLTIMOS CONTACONTOS: "NOS XARDÍNS" e "PUNVER"

Parte da Exposición SEMANA DO MEDIO AMBIENTE
O pasado 5 de xuño -DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE- 3º, 4º, 5º e 6º xuntámonos na Biblioteca a primeira hora da mañá para escoitar  "NOS XARDÍNS", un conto de Lourdes Maceiras. Hai un tempo a profe Feli preparárao cun orixinal formato, o que veredes nas imaxes, utilizando grandes caixas de cartón no que pegou as 12 páxinas dobres. Agora,  Rosario (a profe de 3º) xunto con ela, contouno para todos nós. Foi un bo comezo para, polo menos, non esquecer a importancia que ten para o noso futuro o coidado da nosa contorna. O solo, a auga, o ar, as prantas e os animais... Reflexionar de cando en vez axudaranos a recordar o que todos sabemos, non si?
Dende estas semanas atrás estivemos a traballar nas aulas para facer papel reciclado, e aproveitamos os traballos para completar a exposición de libros. Ademais unha "case" completa exposición de imaxes coas árbores e arbustos, que temos no cole, preside a entrada do noso cole. Aínda queda algunha por retratar, pero todo se andará.
PUNVER foi o conto que Alejandra e Elia contaron no recreo este mesmo venres. Moitos xa coñeceredes este libro de Yolanda Castaño de divertido final... PUNVER cerrou as sesións de contacontos deste curso; así que Alejandra e Elia despediron esta actividade con poesía.
É obrigado agradecer a todos os nenos e todas as nenas que tomastes parte voluntariamente, quitando momentos dos vosos recreos para agasallarnos con tantos contacontos. Máis de trinta: SON MOITOS CONTOS!

1 comentario:

Ana Martinez dijo...

Unha gran forma de rematar as sesións de contancontos. Gustoume a idea de contalos coas caixas de cartón. Apúntoa ji ji Unha aperta.