Blanca Vila de novo polo cole? Que estará a facer? Evidentemente, o que mellor sabe: PINTAR
Dentro dunha das nosas iniciativas dos Contrato Programa Inclúe, IGUÁLA-T, que ten como finalidade visibilizar o papel das mulleres ao longo da historia para alentar a participación feminina en todos os ámbitos de coñecemento, libres de estereotipos, pedímoslle a Blanca Vila que fixera uns deseños para decorar as portas das nosas aulas. Comezamos polas tres aulas que teñen un carácter máis especial:
O Mercado de Chispa, para o que lle pedimos un debuxo que representara a cooperación entre sexos.
A aula de proxectos, para quen escollimos a Ángela Ruíz Robles, percursora do libro electrónico e que fora ademais mestra na escola de nenas de Serantes.
E a aula de música, que quixemos adicarlle a Guadi Galego, unha das máis salientables artistas galegas contemporáneas e que ademais sentimos moi próxima xa que fora mestra no noso cole o ano que grabamos "Vente a Pazos", lembrades?
E para facer lo que mellor axuda que un exército de mans pequenas dispostas a experimentar. Ui, ui, ui... tarefa un tanto perigosa pero a mar de entretida. E se non, velaiquí as fotos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario