xoves, 6 de febreiro de 2020

Digicraft no teu cole: Labirinto sonoro


Na sesión de hoxe de Digicraft no teu cole coñecemos un material novo dos kits tecnolóxicos "Instant Digital Skills": as placas makey-makey. Son unhas placas similares ao mando dunha vídeoconsola, coa que se poden enviar ordes ao ordenador ou tableta ao que se atope conectado. En vez de pulsar os botóns o que facemos é pechar un circuíto mediante contactos ou pinzas de crocodilo. Así, podemos converter calquera obxecto da vida diaria nun teclado, un mando ou un rato.

Creamos un labirinto en papel empregando uns lapis con mina superconductora (4B), un pouco de papel de aluminio, uns imáns potentes e uns cables crocodilo como elementos dos circuítos, de xeito que cando uns dos imáns toque as paredes do labirinto, pecharase o circuíto e a tableta reproducirá un son, grazas a un sinxelo programiña de scratch.

Unha primeira aproximación ao funcionamento das placas makey-makey que nos serviu para refrescar na memoria esas primeiras pinceladas de circuítos electrónicos que tivemos no trimestre pasado nos obradoiros STEAM da biblioteca. Lembras?

Ningún comentario: