xoves, 6 de febreiro de 2020

Contacontos no recreo: Fusía e Polola contan "Contín Contón"

 E velaiquí temos a esta parella que hoxe nos quixo contar "Contín Contón", unha fermosa historia escrita por Antón Cortizas e ilustrada por Leandro Lamas.  


Contín Contón narra a historia dun animal que non sabe que é. Vai preguntando polo bosque a outros animanis, e aínda que todos poderían contestarlle e sacalo de dúbidas non o fan, porque se o fixeran remataría o conto.
O animal, andando andando, chega finalmente a unha escola e será unha nena a que desvele a súa natureza.


Podedes ver as fotos, premendo na imaxe.

E se queredes recordar a historia, por aquí tedes un vídeo do conto con Kamishibai. 


Ningún comentario: