venres, 4 de outubro de 2019

Boas novas por partida doble: Biblioteca Creativa e Digicraft no teu cole.

Sen dúbida esta fin de semana temos moito que celebrar, xa que a nosa Biblioteca entrará a formar parte no presente curso 2019 / 2020 nos proxectos de"Bibliotecas Creativas" e "Digicraft no teu cole", que buscan achegar ao alumnado a robótica e a linguaxe de programación a través de retos STEAM, introducíndoos na cultura "maker" e facendo da Biblioteca Escolar un verdadeiro espazo de creación e laboratorio de ideas.


O primeiro dos programas  - Bibliotecas Creativas - conta cunha dotación de escornabots e materiais para a impresión 3D, e desenvolverase durante 3 cursos consecutivos, nos que irase ampliando os materiais.







O segundo - Digicraft no teu cole -  ten unha dotación de 12 tabletas e 2 kits tecnolóxicos, conta cunha metodoloxía específica e desenvolverase durante dous cursos escolares.

Ambos programas están concebidos para o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, aínda que queremos facer accesibles os materiais a toda a Comunidade Educativa a través de obradoiros nos recreos ou en sesións de tarde abertas ás familias.

Sen dúbida que imos sacar moi bo proveito de todos estes materiais! Empezamos en 3... 2... 1... 

Ningún comentario: