xoves, 21 de novembro de 2019

E máis Digicraft no teu cole: buscadores e Toontastic

Todas as semanas temos unha sesión de "Digicraft no teu cole" en cada un dos niveis para os que están plantexadas. Empregamos os nosos grupos de traballo cooperativo e certamente isto nótase, pois cada vez traballan mellor entre si de forma autónoma.

Na terceira sesión de Digicraft no teu cole empregamos os buscadores de internet para lograr completar un rosco de pasapalabra. Hai que dicir que algunha resposta xa a sabíamos, pero o logro estaba en amosar os resultados das nosas pesquisas nas tabletas. Ufff!!! Que difícil é buscar cando se sabe a resposta!!! 



E na cuarta das sesións demos renda solta á nosa imaxinación e demostramos que temos moito, pero que moito talento creativo. Coa app Toontastic creamos as nosas propias películas animadas. Escollemos escenarios, personaxes , inventamos os diálogos e planificamos a acción. 
Logo, por parellas, buscamos un sitio tranquilo para poder grabar ben o audio das nosas películas e para non interferir nas grabacións dos nosos compañeiros.

Algunhas das creacións que resultaron poden incluso gañar un premio "Mestre Mateo". Se os autores e autoras, "ceden os seus dereitos", en breve amosarémosvos algunhas delas...

Por se queredes probar en casa, deixámosvos aquí un enlace á app para que a descarguedes nos vosos dispositivos portátiles e deixedes voas a vosa imaxinación.







Ningún comentario: