luns, 18 de novembro de 2019

Novembro, mes da ciencia en galego, e en feminino.

Como se adoita dicir, non están todas as que son, pero si son todas as que están. Pero todas elas son mulleres de ciencia e mulleres galegas cuxa vida e traxectoria cómpre coñecer.
Podes atopar esta primeira remesa de carteis sobre mulleres científicas galegas no corredor da Biblioteca. Con eles queremos visibilizar e valorizar o traballo destas pioneiras, que souberon marcar o camiño na excelencia investigadora, mais tamén na reivindicación de dereitos en prol da igualdade de xénero.






Ningún comentario: