luns, 3 de decembro de 2012

GALLAECIA PETREA


Mañá mércores, o alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria do noso cole visitará a Exposición "Gallaecia Petrea", na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. A exposición propón unha viaxe por Galicia a través da pedra, omnipresente na nosa cultura desde que temos noticia.
A continación podedes ver unha imaxe de Peter Eisenman, o arquitecto que ideou a Cidade da Cultura. A todos os que non a coñecedes, seguro que vos impresionará...
Pensando nesta visita, creo que dando unha voltiña por esta entrada poderedes facervos unha idea do que imos atopar. Boa viaxe!! ; )
Peter Eisenman. Arquitecto creador da Cidade da Cultura.
Este é o vídeo da entrevista en Cultura 10, no seo dun dos edificios que conforman a "cidade":


E mergullándome na rede, atopei unha grande cantidade de información en "Terrae Antiquae". Invítovos a entrar; realmente interesante e completo.

Ningún comentario: