xoves, 3 de marzo de 2022

Marzo: xa temos nova misión!

Xa estamos en marzo! Pasou o Entroido e outra vez chega por sorpresa unha nova misión ODS. E xa imos pola sexta tarefa dentro do noso PDI "esPazODSparaaconcienciACCIÓN". Desta volta é a quenda do ODS 13: ACCIÓNS POLO CLIMA.



Ainda que ao longo destes meses melloramos moito os nosos hábitos facéndonos conscientes da pegada ecolóxica que deixamos sobre o planeta, compre facer un esforzo máis e reflexionar sobre as estratexias que podemos desenvolver para combatir o cambio climático. Que aínda non te enteraches de que vai iso do cambio climático?
Pois non tes tempo que perder. Infórmate! 


O planeta precisa da nosa axuda!!
#esPazODSparaaconcienciACCIÓN

Ningún comentario: