Un ano máis o noso alumnado resultou premiado no Certame "Poesía e Imaxe. En galego, sen filtro", organizado pola Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol.
O equipo morado dos pequesPazos - Isabel, Sofía, Tiago e Elisa - concedéronlle o primeiro premio da súa categoría pola interpretación do poema en lingua galega:
"e porque chove os habitantes do poema teñen que abrir os seus paraugas."
- CHUS PATO -
Pola súa parte, @s rebuldeir@s de Pazos tamén acadaron o primeiro premio na categoría audiovisual coa súa fermosísima interpretación do poema:
"Se me quixeres quéreme enteira
Non por zonas de luz ou sombra.
Se me quixeres, quéreme negra e branca,
e gris, e verde, e loura e morena.
Quéreme día, quéreme noite
e madrugada de xanela aberta.
Se me quixeres non me recortes,
Quéreme toda... ou non me queiras."
- DULCE MARÍA LOYNAZ -
Marabilloso!
E por aquí vos deixamos aos premiados recollendo o premio na tarde do venres no Centro Cívico de Canido. Parabéns polo vosos traballos e pola vosa creatividade.
Agradecerlle tamén a Pablo Prados, pai de Elisa Brozos as fotos que tirou e que poderedes ver se accededes ao álbum completo, premendo en calquera das imaxes a continuación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario