luns, 12 de xuño de 2017

PREMIOS "CANVIVINDO"

Abraham, Borja, Sofía e Irene diante dos seus traballos
Este ano o Concello de Ferrol, a través da Concellaría de Benestar Animal convocou o I Concurso de debuxo "Canvivindo", no que participamos. Abraham, Borja, Sofía, Irene e Andrea quedaron finalistas, e este pasado sábado recolleron un diploma e sendos libros nun acto que se celebrou no Centro Cultural Torrente Ballester, de Ferrol.
O concurso tiña coma obxectivo fomentar o coñecemento da Ordenanza municipal de protección dos animais e convivencia responsable para a poboación máis nova. A temática era a convivencia entre animais e o rexeitamento do maltrato animal.

 NORABOA A TODOS POLA VOSA IMPLICACIÓN E 
OS VOSOS TRABALLOS!

Ningún comentario: