venres, 1 de marzo de 2019

VIVA O ENTROIDO!!

https://photos.app.goo.gl/Fohz5vBtjR2muFmU6
https://photos.app.goo.gl/5LPaoLEsPB33cfR27
PREME tamén nesta IMAXE se queres ver MÁIS FOTOS de REBECA DEL RÍO.  GRAZAS, REBECA!
Con Grease como tema do Entroido fixemos o pasarrúas pola nosa contorna esta soleada mañá. A comparsa dos pequenos e pequenas interpretou, xa no cole, moitas das cantigas deste musical e logo dunha pequena sesión de fotos tocou endozar o momento con rosquillas e doces cos que nos agasallou a nosa ANPA.
Por último, os nenos e nenas de 5º e 6º leron o TESTAMENTO DO MECO e prendémoslle lume para darlle remate ao noso ENTROIDO  escolar. Agora tocan cinco días de lecer, aproveitádeos, que dentro de pouco hai que volver ás aulas.
Para todos aqueles que vos queirades achegar, sabede que moitos dos pequenos, acompañados das súas familias e algunhas profes, tamén participarán nas COMPARSAS de Ferrol o vindeiro luns. 
FELIZ ENTROIDO!!
   

Ningún comentario: