E chegou o tempo de colleitar algúns dos froitos da nosa horta. Esta semana os peques deron conta dos rabaniños, dos chícharos e das leitugas que con tanto mimo plantaron. Moitos coidados e moita auguiña fresca ao longo destas semanas dunha morea de mans pequenas dispostas en todo momento a traballar.
Aquí os tedes en acción o día que apañaron e debullaron os chícharos da horta. 100% ecolóxicos 😋😋😋 Un traballo excelente para a motricidade fina destes pequenos labregos.
E tamén apañamos as leitugas! Vaia pinta tan boa que tiñan e que lindas as cariñas de felicidade dos peques con elas.
E como non podía ser doutro xeito, esta fin de semana tocou ensaladas variadas e guarnición de chícharos. Ñam, ñam! Que marabilla cando escola e familia colaboran para crear hábitos de alimentación saudable, verdade?
|
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario