SAMAÍN E LECTURA E FAMILIAS
A semana pasada despedimos outubro cun montón de actividades relacionadas co Samaín.
O luns 28 celebramos o noso primeiro Lectura e Familias do curso 24-25.
Ás 16:00 comezamos cun contacontos por parte de Rosana, do libro Corre corre, cabaciña de Eva Mejuto, na nosa biblio.
Ao finalizar a lectura, subimos ao laboratorio para realizar un taller de cabazas. Nais, pais, nenos e nenas cortaron, vaciaron e decoraron das formas máis diversas as súas cabazas, que eran de todas as formas e tamaños!
Así estiveron máis que preparados/as para celebrar Samaín no cole e participar no noso terrorífico desfile de disfraces e cabazas. Que ganas! 😱
O mércores celebramos conxuntamente o Samaín e o Magosto. Á primeira hora as nenas e nenos dividíronse en agrupacións heteroxéneas para realizar un itinerario de Samaín con moitísimas actividades terroríficas...
TALLER DE CHAPAS
COREOGRAFÍA
XOGOS DE MESA
RETRATOS TERRORÍFICOS
XOGOS
Cando finalizamos o itinerario, desfilamos a oscuras lucindo os noso disfraces e as nosas cabazas polo centro, para despois xuntarnos a escoitar os contos de medo que as diferentes aulas tiñan preparados.
Este ano decidimos realizalo a través do kamishibai, unha teatrillo para contar contos tracional de Xapón.
Foi un día cargadiño de emocións e cheo de momentos de compartir e desfrutar do noso cole.
GRACIÑAS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario