venres, 28 de outubro de 2022

Samaín 2022: Contos de medo e moitas cousas máis

É hora de poñerse a tremer, porque xa están aquí os contos de medo... escritos, ilustrados, guionizados e gravados por todo o alumnado do cole. Cómo gozamos con esta celebración na que se misturan feitizos, personaxes escuras e historias arrepiantes! 

E ademais forma parte da nosa tradición: Os nosos devanceiros xa contaban ao redor do lume historias que achegan o descoñecido e o misterioso ao noso mundo, no que á luz das candeas no interior das cabazas espantaban o medo, falando del.

Por iso, este venres fixemos un desfile cos nosos calacús acesos ata á biblioteca, e unha vez reunidos á luz das candeas contamos os nosos xa tradicionais contos de medo. Estades preparados????

Comezaron os peques de 3 e 4 anos, que contaron unha increíble historia que durou unha semana enteira e que nos deixou a todos coa boca aberta!

Logo, foi a quenda dos peques de 5 anos, que recrearon unha historia que ben puido suceder no estaleiro de Navantia e que Iago e Loaira contaron para todos e todas á perfección.


Despois, tocoulles aos rebuldeir@s, cos que trememos de medo coa fantástica historia de "O leite poderoso!" en versión audiovisual. Menudos actorazos que temos neste cole!!!

E máis contos de medo dos de 3º... e máis contos de medo dos de 4º... Brrrrrrrrr! Danme arrepíos só de lembrarme....



Para rematar a sesión coa sinistra historia "Samaín tebroso" narrada polos maiores do cole, que tamén recolleron en formato audiovisual.

Pero non rematou aquí o día, senon todo o contrario. Isto acaba de comezar! Preparamos un gran xogo no que participamos todo o cole, en equipos heteroxéneos, como antes da pandemia! Seis estacións con propostas do máis diversas polas que fomos pasando ao longo da mañá, seguindo un itinerario, para pasalo de medo.

(preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo das fotos)

Retratos no croma
(E preme nesta imaxe para acceder ao álbum completo da Galería de Retratos de Medo)

Colares de zonchos

Manualidades Terroríficas

Xogo de pistas na Biblio


Move o esquelete


e Xogos Populares para o Samaín

Unha mañá moi intensa, pero na que tiñamos aínda moito que celebrar. Porque xa sabedes que sempre aproveitamos o Samaín para celebrar o Magosto. Grazas á colaboración de todas as familias, e especialmente ás familias da nosa ANPA molona puidemos degustar unhas castañas asadas das que demos boa conta no recreo.



Hummmm! Deliciosas!!!

E despois, xogos e fotos... mooooitas fotos.








Que ben o pasamos! 
Xa está tardando que pase un ano para voltar a repetilo.

Ningún comentario: