venres, 30 de outubro de 2020

Contos de medo para o Samaín

Xa sabemos que este ano obriga a mudar costumes, e isto dos grupos de convivencia estable fai que non podamos xuntarnos na Biblioteca para facer a nosa tradicional lectura dos Contos de Medo

Durante estes días previos ao Samaín estivemos traballando arreo neles, mais desta volta tivemos que pasarnos ao formato audiovisual se queríamos que os nosos compañeiros e compañeiras puideran escoitalos. E velaiquí están os resultados!!! 

O conto dos pequesPazos, medo, o que se di medo... non moito, pero podedes ver que aínda que son pequenos teñen moi claro a importancia de axudarse entre eles e cooperar para lograr un obxectivo, ademáis dun grande sentido da xustiza. 



Aquí temos o conto de medo d@s Rebuldeir@s, que como veredes teñen moi, pero que moi presente a Chispa e ao seu inseparable amigo, o caracol Roi.

E por suposto, non podían faltar o conto dos Tritóns, que case, case ten formato de longametraxe... Unha historia moi ben fiada, narrada e representada por eles mesmos que non deixará a ninguén indiferente. 


Falar do que da medo nos axuda a superalo. E así podemos gozar dunha festa tan nosa como é o Samaín. Agora toca celebrar, e malia que este ano non comeremos castañas, non podemos renunciar ao desfile de cabazas e calacús. Ao longo do día haberá disfraces e algunha sorpresiña con cheiro a candeas... que será???

Que vivan os contos de medo 

e que viva o Samaín.

Ningún comentario: