Grazas á colaboración da nosa ANPA, hoxe celebramos o Día das Bibliotecas Escolares cunha sesión moi especial cos contos de Pablísimo.
Desta volta o Día das Bibliotecas Escolares tivémolo que celebrar fora da Biblioteca e aínda que foi un pouco raro, foi emocionante, xa que era a primeira vez que nos xuntábamos todos e todas.
Fixémolo no patio, ao aire libre, e respectando a distancia de seguridade que marca o protocolo.
E a verdade é que non puido resultar mellor. Gozamos durante 40 minutos dos contos de Pablísimo e estivemos tan atentos que non movimos nin un pelo. Algúns contos xa os coñecíamos, pero moitos outros non: os chanchos no gancho, o Sultán e os ratos, os zapatos deo rato Pedro, Dona Carme, os Tres porquiños, e máis.
Queredes ver máis fotos? Pois premede na foto de aquí abaixo.
E para rematar a xornada repartimos un marcapáxinas conmemorativo da xornada de hoxe homenaxeando a Quino, creador de Mafalda, recentemente finado e que sen dúbida deixou unha inesquecible pegada en moitas de nós e que seguirá deixando nas novas xeracións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario