Prepárate para ver moitísimas fotos. Moitísimas, aviso!! |
Este mércores celebramos a tradicional festa do SAMAÍN no colexio. Convén recordar, aínda que a estas alturas xa o sabe case todo o mundo mundial, que o noso SAMAÍN é unha das celebracións máis antigas da nosa cultura, unha festa de orixe celta anterior á chegada do cristianismo ás nosas terras, que logo se convertiría na celebración de Todos os Santos. Chega ás nosas vilas e cidades recuperada, tras longos anos de esquecemento. Algúns quérena disfrazar de HALLOWEEN, converténdoa nunha celebración importada doutros países de fala anglosaxona, sen darse conta de que a raíz da mesma, o inicio é o SAMAÍN.
No cole é tradición elaborar un LIBRO DE CONTOS DE MEDO. E aquí tedes as imaxes da celebración e da lectura dos contos de cada clase. Ademais este curso tivemos a colaboración do "CHEPUDO DE NOTRE DAME", que accedeu a contarnos a súa historia* para dar comezo á nosa especial celebración.
*Se cadra vos interese saber que este conto sae da obra literaria de Víctor Hugo, un poeta, dramaturgo e novelista do século XIX, "A nosa Señora de París" (Publicada no ano 1831)
NORABOA A TODAS E TODOS! COMA SEMPRE, UNS CONTOS MOI ELABORADOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario