sábado, 1 de febreiro de 2025

30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA NON VIOLENCIA E A PAZ

                                                            AQUÍ máis fotos

Este xoves celebramos o Día Escolar pola Non Violencia e a Paz. Entre todos os grupos compuxemos o noso tradicional LIBRO COLECTIVO, no que traballamos sobre catro mulleres que recibiron o Premio Nobel da Paz ou destacaron por defender a paz en distintos momentos da historia. 

Bertha Von Suttner- Autora da novela "Abaixo as armas", foi a primeira muller distinguida co Premio Nobel da Paz no ano 1905.

 


Conchita Piccioto, nada en Vigo no ano 1936, viviu en Washington, onde dende 1981 se manifestou de xeito continuado ante a Casa Blanca no seu "campamento da Paz", contra a guerra e as armas nucleares.

 


Rigoberta Menchú, é unha líder e activista guatemalteca. Gañou o Premio Nobel no ano 1992. É a embaixadora do pobos indíxenas na UNESCO.

 


Wangari Maathai, bióloga, ecoloxista, feminista..., primeira muller africana en gañar o Premio Nobel da Paz. creou o Cinturón verde onde millóns de mulleres se uniron a ela plantando 30 millóns de árbores en Kenia para loitar contra a desertización e buscando un mundo máis sostible. Gañou o Premio Nobel da Paz no ano 2004


 

Ningún comentario: