Esta é a carta que Chispa nos ten preparada para mañá... SORPRESA!!
País dos libros, 15 de setembro de 2008
Ola, queridos nenos e queridas nenas:
Aquí estou de novo Chis, chis - plof, plof ¿Como estades? ¿Qué tal as vacacións? ¿Que tal ese verán lector?
Eu lin un montón de libros e estiven moi ocupada, coma sempre, viaxando e buscando máis novidades para traer á nosa Biblio. Chis, chis - plof, plof
Que ben, un curso máis imos estar xuntos!! Preparádevos, que veño cargada de ideas!!
Espero que hoxe teñades un bo comezo de “HORA DE LER”. Anímovos a que disfrutedes dese tempiño, e aproveitedes para emprender unha nova lectura que vos apeteza. Chis, chis-plof,plof
O ano pasado fixéstelo moi ben e os resultados foron marabillosos. Cantos libros lemos en todo o curso!! A que si?
Supoño que vos fixariades no cartel que está na entrada da Biblioteca: “Abrimos o luns”... e o luns xa chegou. Así que a partir de hoxe xa podedes subir coas vosas profes e tamén nos recreos.
É moi importante que leades as normas unha vez máis, para que ninguén esqueza que a Biblio é de todos e de todas, polo tanto debemos axudar no seu coidado para que poida seguir estando así de bonita.
Espérovos! Aínda que non me vexades, eu estarei pendente de que non vos falte nada.
LER É UN DEREITO : DISFRUTÁDEO!!!!
ÁNIMO, EMPEZOU UN NOVO CURSO!!!!
A POLOS LIBROS!!!!
Un saúdo e moitos, moitos bicos, da vosa amiga Chispa.

1 comentario:
Hoxe os máis pequechos do cole sumáronse "Á hora de ler"... Increíble, pero estiveron atentísimos durante toda a lectura do conto. Grazas Ana. Sen tí creo que tolearía. E grazas Rosana, por animarnos a todas e todos a ler desde ben temperán.
Publicar un comentario