luns, 15 de setembro de 2008

Pasiño a pasiño...

Como anunciabamos onte, hoxe abríronse as nosas portas.
Esperamos que un ano máis a Biblioteca sexa para vós un recanto acolledor onde pasar o tempo compartindo lecturas cos vosos compañeiros e compañeiras, e onde poidades traballar a gusto con todo o necesario ao voso redor.





















*Temos unha nova dirección interesante a onde ir para saber algo máis sobre a astronomía. Na sección PARA SABER E BUSCAR aparecerá desde hoxe o enlace Astroescolar .
* Recórdovos tamén que o pasado 13 de setembro foi o día de Roald Dahl. Podedes botar un vistazo a este pequeno vídeo con imaxes da súa vida.

Ningún comentario: