martes, 7 de outubro de 2008

UNHA CAIXA DO CORREO PARA CHISPA!!!



Esta fermosa CAIXA DO CORREO que vedes é especial, e sérvenos para comunicarnos con Chispa. Antes sempre era ela a que nos escribía, e nós tiñamos certas dificultades para facerlle chegar as nosas peticións. Agora xa non temos problema; desde a semana pasada está instalada na entrada da nosa Biblioteca (onde senón) e cada neno ou nena, e mesmo as profes, ou "o profe" (que só temos un), ou o conserxe, ou as nais, os pais, ou calquera que quera utilizar os nosos servizos pode comunicarse con ela.
Chispa está disposta a recibir suxerencias para mellorar a Biblioteca; cartas con poesías, con debuxos, con contiños; tamén quere saber que libros pensan os lectores e as lectoras que aínda non temos e que lles gustaría ver nos andeis. Hai tantas cousas que lle podemos dicir a Chispa...!
Animádevos a escribirlle; e ela, supoñemos que co tempo, irá respostando a cada un de vós.
De momento, cremos que Marta de 2º e Paula de 3º, escribiron. Pero é que, ademais, Chispa xa lles contestou. A ver se nos envía unha foto das cartas que lle botaron na caixa do correo para poder publicar algunha. Ah! Chispa, tamén queremos ver o que lles contestas ti. Sería posible? Non é por cotillear, é porque temos un sincero interese.
Como????!!!! Acaba de chegarnos a nova de que Andrea de 3º tamén lle escribiu! E Paula outra vez; e ten outra carta que lle chegou sen asinar!!! Pero imos ver!: como vai adiviñar Chispa de quen é a letra ou o debuxo se non asinades???!!! Ai!, Que cabeza!!
Pois seguiremos informando de cando en vez para que saibades como vai o "asunto". ÁNIMO A TODOS E TODAS E... A ESCRIBIR!

Ningún comentario: