xoves, 25 de setembro de 2008

SON IMPORTANTES!

Están de pé, e comezo pola esquerda: Iván, Lidia, Alba, Gloria, Nuria e Rubén. Tamén está de pé, pero noutra fila, diante de Lidia: Alberto. E agora toca nomear ao resto, sentados e sentadas: Nerea, Jessi, Desi, Diego (co seu carnet na man), Joni; e, diante, Héctor.
Vaia Equipo de Biblioteca! A verdade é que teñen cara de que poderemos contar con eles e elas para calquera axuda. É a case totalidade do noso alumnado de 5º e 6º e forman un grupo moi bo, como podedes comprobar.
Ánimo chicos e chicas! Tedes todo un curso por diante para demostrar o que valedes.


Xa levamos dúas sesións traballando as normas, a CDU... , porque para axudar tamén hai que prepararse.
Moita sorte!

1 comentario:

O Segrel do Penedo dixo...

Parabéns por ese Equipo da Biblio.
O traballo colaborativo sempre é o que mellores resultados acada.
Todo o mellor para este curso que comeza.
Apertas dende Fene!!