luns, 22 de setembro de 2008

EQUINOCCIO


DON OUTONO

Chegou Don Outono
coa cara amarela;
de noite as estrelas
non se ven brillar.
Dona Néboa escura
pilla novo alento,
para lucimento
baixa cara ó val.
As chuvias espertan,
rendidas, do sono
e a capa de ozono
parecen curar.
Xa zoa Don Vento
no medio das fragas,
abre grandes chagas
na tona do mar.

¡Velai, rapaciñas!
¡Neniños, velai!
Que tras daquel monte
Don Inverno vai.

Esta é a cantiga que o Grupo Ledicia canta ao outono; e abre a nosa semana porque como xa saberedes, hoxe, ás 17.44h. empezará esta estación. Tedes moita información na páxina de Astroescolar.
* Sabiades que a palabra EQUINOCCIO está formada por EQUI, que significa IGUAL, e NOCCIO, que significa NOITE?
* Sabiades que hoxe o día e a noite teñen igual duración?
* Sabiades que hoxe o sol saiu exactamente polo Leste e poñerase, exactamente polo Oeste?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Hola
son unha alumna de 6º do ano pasado
e pasaba a saudar.
Moitos saúdos