Un ano máis celebramos o mes da Ciencia en galego, organizando unha sesión longa de ciencia na Biblioteca para cada un dos grupos de convivencia estable.
Desde hai varios cursos a través das Bibliotecas Escolares e en colaboración cos equipos de dinamización da lingua galega, promóvense múltiples iniciativas en prol da cultura científica en galego como motor do coñecemento, sempre desde unha perspectiva lúdica e da experimentación. Este ano, o MANIFESTO en prol da ciencia vén da man de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial, no que salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?."
Así que, fagámoslle caso e gocemos da ciencia tamén desde unha biblioteca tan activa como a nosa: un lugar para medrar e experimentar e, quen sabe se, descubrir algunha vocación científica entre o alumnado, e especialmente entre as nenas, tentando reducir así as deigualdades. Por iso, dicimos: #noMoreMatildas.
E así foi como plantexamos unha semana repleta de actividade científica na Biblioteca, e por suposto, en galego.
Así cada grupo puido experimentar con divertidas propostas manipulativas nas que entraron en xogo diversos principios científicos: aprenderon sobre circuítos eléctricos con plastilina conductora e creando circuítos eléctricos en papel; fixeron chiar a un globo a través da forza centrípeta; crearon uns xiroscopios grazas a o principio de sustentación; conseguiron crear un arcoiris xogando coas densidades de varios líquidos e ata fixeron soar diferentes froitas nunha proposta musical do máis saudable.
E agora só queda ver aos verdadeiros protagonistas en acción.
Coma sempre, preme na foto para acceder ao album.
Que viva a ciencia! E que viva a ciencia en galego!
Co gallo do 25N: Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero, desde o cole colaboramos co Programa escolar de Ferrolterra pola eliminación da violencia de xénero promovido pola FANPA Ferrolterra desde hai varios cursos.
Este ano, participando nunha proposta audiovisual colaborativa entre varios centros da comarca moi potente, grabando un videoclip co tema FALA POR MIN, de Eugenia Sanmartín, cunha letra que non pode deixar a ningúen indiferente:
Fala por min. Loita por min.
Non quero estar máis aquí Non quero que se abra a porta Outra noite sen durmir Vai haber liorta Non quero máis berros Non podo sorrir.
Hoxe quero rompelo todo (todo, todo) Dentro só sinto rabia Non me sae xa ningún choro (choro, choro) Nen sequera sinto mágoa Non quero ser nena Non quero ser neno Non teño sufiente forza Non teño forza.
Miña nai volveu chorar Meu pai berrarlle que é tonta Eu conto cantos golpes van Agochada no gardarroupa Non deixo de tremer Para qué nacín eu?
POR ISO PRECISO POR ISO PRECISO EU DE TI SE PODES SENTIR O QUE PASA (veciño) SE PODES LER NOS MEUS OLLOS SE ESCOITAS OS MEUS SILENCIOS (profe) SE ENTENDES A MIÑA VIOLENCIA (xente) FALA POR MIN LOITA POR MIN (xente)
"Porque a educación é a vacina para acabar co maltrato"
E por aquí tamén quedan as tomas feitas por cada un dos grupos. Que ben o fixeron todas e todos!
Hoxe estivo con nós Anxo Fariña, escritor, ilustrador, deseñador e profesor de Belas Artes, para realizar uns obradoiros de ilustración que aproveitamos para avanzar na nosa Misión do ODS 10: Redución das desigualdades.
Tivemos dúas sesións, con temáticas diferentes.
A primeira, para os peques e @s rebuldeir@s do cole, DIVERSIMONSTROS, no que aprendimos a pintar, debuxar e crear un xogo monstruoso, pero sobre todo aprendimos que non todos somos iguais e que as diferenzas son as que fan máis marabillosa a humanidade e o noso mundo.
Creamos criaturas divertidas e sorprendentes que se poden ver na escuridade. Un canto á diversidade e á diferenza como fortaleza.
E despois, foi a quenda dos maiores, coa CIDADE VIOLETA; un obradoiro de ilustración e creatividade no que se pon o foco na igualdade e na loita contra a violencia de xénero.
Construiron unha cidade-escultura que se pode ler e empregaron pintura especial que reacciona á luz ultravioleta, cun sorprendente e emocionante final.
Foi unha mañá diferente, chea de creatividade e bo humor na que seguimos avanzando na nosa misión dos ODS para facer un mundo mellor, facéndonos conscientes da importancia da redución das desigualdades entre as persoas.
Pero antes de marchar, Anxo Fariña deixounos uns agasallos fermosísimos en forma de ilustracións:
Un "Enzo" e unha "Aroa" para a posteridade...
e unha fermosísima sinatura no noso libro de visitas.
Por un mundo cheo de cidades violetas habitados por diversimonstros...
Como todos os anos polo San Martiño, saen os peóns ao camiño. Así que como xa é tradición no cole aproveitamos esta data para xogar e practicar as nosas habilidades cos peóns e trompos, de corda ou de man e facermos algunha que outra máis, para aumentarmos a colección.
Lembras como se chaman as partes da buxaina? Pois grazas a esta infografía do CEIP de Corvillón, recordámolas:
Por aquí deixamos unhas fotos para que vexades que ben o pasamos. E xa sabedes, que premendo nelas, accededes ao álbum completo.
E por aquí tedes un pequeno vídeo cos peques en acción!
Imaxinas que tería pasado se Eintein nacera muller? Pois que probablemente hoxe non saberíamos quen é Einstein. E é que os méritos dos seus descubrimentos os tería levado algún compañeiro de investigación... ou incluso a súa parella.
Este fenómeno, coñecido como Efecto Matilda na honra a Matilda Joslyn Gage, a primeira activista en denuncialo, sinala a inxustiza de ignorar, de forma sistemática, os hachados de brillantes científicas ao longo da historia.
A falta de referentes feminimos ten un impacto nas aspiracións profesionais das nenas que se traduce nunha menor presencia destas nas carreiras STEM.
A campaña #NoMoreMatildas quere recuperar estas figuras, levándoas aos libros de texto para que esperten co seu exemplo, os seus hachados e as súas aportacións, a vocación científica de todas esas nenas ás que ata hoxe, fíxoelles pensar que a ciencia era cousa de homes.
Se queres saber máis sobre o papel que xogaron as mulleres na ciencia ao longo da historia, podes descargarte o anexo sobre mulleres científicas para Primaria, premendo na imaxe a continuación.
E desde aquí, podedes acceder aos tres títulos da colección da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), que polo momento están agotados e só podemos acceder a eles en formato dixital.
Novo mes, nova misión. Desta volta, relacionada co ODS10:REDUCIÓN DAS DESIGUALDADES.
Durante o mes de novembro temos un gran reto por diante: crear un mundo máis xusto no que a igualdade de oportunidades sexa unha realidade, realizando intervencións para reducir as desigualdades. Aproveitaremos que ademáis este é o mes da ciencia, e tamén o mes no que nos manifestamos en contra da violencia de xénero.
Este ano temos un importante cometido: mellorar en canto ao noso compromiso coa Axenda 2030. Por iso, plantexámonos un obxectivo mensualmente sobre o que reflexionar, tomar conciencia e pasar a acción a través do traballo cooperativo co impulso do noso PDI "espazODS para a concienciACCIÓN"
Durante o pasado mes de outubro o ODS sobre o que traballamos foi o ODS 3: SAÚDE E BENESTAR.
E ademáis de aprender un montón de cousas sobre alimentación e nutrición, primeiros auxilios, e a importancia do exercicio físico regular, pasámonos á acción.
Ao longo do mes fomos mellorando en canto á calidade nutricional das nosas merendas, identificando produtos ultraprocesados disfrazados de "bos procesados" e mudando as nosas escollas á hora da parva.
Os peques do cole o teñen moi claro. E pouco a pouco foron desaparecendo eses lácteos tipo "petit" que teñen graxas e azucre enmascarados e aparecendo outras merendas moito máis saudables, como a froita, os froitos secos, leite, queixos...
Traballamos sobre 2 infografías de "Teachers for Future" e tomamos conciencia do contido deses atractivos envases, que ademáis de pouco saudable, xera lixo.
Así, día a día, se a nosa merenda era saudable pegábamos un adhesivo na folla de rexistro, e cando chegábamos a 10, podíamos colorear unha franxa dunha batería.
E claro, tanto esforzo ao final tivo recompensa! Un xogo novo para un dos recantos da aula e un pequeno agasallo para cada un polo traballo en equipo ben feito. Como isto das parvas saudables xa é unha rutina, de seguido pediron unha nova batería para continuar co seu particular reconto.
Toda esta información valeralles aos maiores para traballar porcentaxes e crear gráficas, xa que están recollendo os datos de todo o cole para facer un rexistro global dos nosos hábitos de alimentación saudables.
____________
@s Rebuldeir@s andan a voltas loitando cuns viláns moi especiais, que probablemente recordaredes: SORBITOL, SEQUÍA, PEREZÓN e PANTALLO. Lembrádesvos?
Pois esta nova xeración de rebuldeir@s está a traballar sobre eles para mellorar os seus hábitos de vida saudable.
Sorbitol, para aprender a mellorar as nosas escollas coa comida;
Sequía, para lembrarnos da importancia de beber auga:
Perezón, para acordarse de mover o corpo;
e Pantallo, para ter presente o uso moderado dos dispositivos electrónicos e outras pantallas.
Pero ademáis fixeron un pequeno vídeo no que nos dan consellos á hora de escoller os alimentos para a parva. Non o perdades porque explican moi ben que é unha merenda saudable, por se a alguén lle quedaba algunha dúbida.
En canto aos medianos, os nosos Tritóns favoritos, traballaron un montón en torno aos hábitos de alimentación saudable. Elaboraron unhas pirámides alimentarias e algunhas propostas de menús saudables a medida que avanzaban na área de ciencias naturais, relacionando así os sistemas do corpo humano cos hábitos de vida saudable.
Aprenderon que para medrar sans e sentirnos ben non só é preciso alimentarse axeitadamente, senón que debemos manter uns hábitos de sono correctos e practicar algún deporte ou facer algunha actividade física.
E é que queremos coidarnos e manternos en forma para gozar de todo o que nos rodea.
____________________
E para rematar, os maiores do cole elaboraron un audiovisual no que nos fan un resumo completísimo do que aprenderon sobre primeiros auxilios grazas a esta misión sobre o ODS 3 e ademáis dannos uns consellos boísimos para manter a nosa saúde e benestar ao longo da vida. Non vos perdades detalle de todo o que nos contan!
EXPOSICIÓN ORAL (Apoio en IMPRESS) "MULLERES"
-
[image: https://photos.app.goo.gl/Y2evvftTfB4yVw4D3]
Estas semanas pasadas estivemos preparando uns traballos sobre mulleres que
destacaron ou destacan na ...