venres, 20 de setembro de 2024

VISITA ERASMUS + BLENDED LEARNING

                                          

  Pincha AQUÍ para ver máis fotos


O 18 de Setembro, cando recén comezabamos o curso, tivemos unha visita moi internacional no centro. Mestras e mestres de Hungría, Portugal e Turquía acudiron ao noso cole da man do CFR, grazas ao proxecto Erasmus + Blended Learning; para coñecer as nosas instalacións, proxectos e forma de traballar. Visitaron o Mercado de Chispa e aula da calma, escoitaron unha lectura de apadriñamento, aprenderon como emprégamos Edixgal, viron como o alumnado de infantil traballaba en instalacións relacionadas co noso proxecto de Mulleres que fan historia... Foi moi enriquecedor poder conversar con eles e compartir a nosa esencia.




Ningún comentario: