venres, 28 de abril de 2023

Manu e Julen contan "Maruxa"

Hoxe Julen e Manu, de 4º de Primaria, quixeron contar un conto para os peques do cole, e non puideron escoller mellor, xa que grazas a eles rematamos este "Mes dos Libros" coa historia de Maruxa, un conto escrito por Eva Mejuto publicado pola editorial OQO e do que eles mesmos, anos atrás cando estaban en infantil, recrearon a súa historia empregando a técnica de stop-motion para participar no concurso de animación "Nós tamén creamos".


Fixéronno xenial e ao rematar, vimos o audiovisual creado por eles mesmos alá polo ano 2019. Quen nos ía dicir que tempo despois íadelo contar para todos na biblio, verdade rapaces?




Si, si... estades pensando o mesmo: que vós tamén queredes ver o vídeo. Pois aquí vos deixo o incríble resultado da nosa particular versión de "Maruxa" e tamén un vídeo resumo de como se fixo a animación do filme.

Que lindos recordos, a que si?

Grazas rapaces pola contada!

Ningún comentario: