xoves, 27 de abril de 2023

Feira do Libro Solidaria no IES de Catabois

Un ano máis o IES de Catabois convidou ao alumnado de 5º e 6º de Primaria do noso cole a compartir con eles, e co alumnado do outro centro adscrito, unha xornada chea de actividades que rematou cunha feira do libro de ocasión con carácter solidario, xa que a recadación obtida servirá de axuda á Cociña Económica de Ferrol, como xa é costume.

Preme no cartel para ver o álbum completo de fotografías deste día.





Puideron participar nunha conversa-recital con Antía Otero, quen nos axudou a achegarnos á poesía.


Logo desenvolveron un obradoiro de cadros vivintes sobre a temática anual da biblioteca: as emocións, e aquí podedes ver a Diego reinterpretando "Sombreiro amarelo" de Rudolf Hausner, a Uxía como "A moza da perla" de Vermeer ou a Celine e Mario en "Os amantes" de René Magritte.


E por último, tiveron tempo para xogos e merenda, rematando a xornada coa visita á Feira de Libros de ocasión. 

A verdade é que encántanos compartir con vós esta celebración. 

Por moitos anos máis!

Ningún comentario: