venres, 28 de novembro de 2014

O PARAUGAS DAMEAUGAS. Anxo Moure

Esta mañá Aitana, Lucas e Sonia contaron "O PARAUGAS DAMEAUGAS", un conto comprometido co medioambiente, coma o seu escritor. 
A isto chámaselle preparalo con ilusión, ¿queredes ver as imaxes dos tres elaborando o paraugas?
Anxo Moure visitounos o curso pasado, e gardamos un recordo moi grato porque, a verdade é que, non esquecemos o tempo que compartimos con el: todo enerxía e vitalidade. Dende este blog enviámoslle un saúdo agarimoso.
Aquí quedan as imaxes da sesión:

mércores, 26 de novembro de 2014

GAÑADORES DO CONCURSO E NOVAS PREGUNTAS

Estas son as preguntas que están en xogo agora mesmo. E a continuación, os gañadores de "Úrsula Libélula". Cada vez que deamos a coñecer os gañadores, publicaremos a folla completa. Como vedes, isto empeza a poñerse interesante! Unha soa gañadora!!! Xa dixemos que este ano había que complicalo un pouco máis. ¡Noraboa, Irene!


A NOITE DAS MUDANZAS

A noite das mudanzas
Edu fíxonos esta foto ao rematar a sesión de contacontos do recreo de hoxe. Como veredes nas outras imaxes, contaron Sabela Fernández, de 5º e Aitana Salazar, de 6º. Practicaron estes días e contárono nas dúas clases na Hora de ler. Agora poderedes ver as fotos da sesión, os marcapáxinas que elaboraron; e a Lucas, no control de imaxe. O conto: "A noite das mudanzas", de Pep Bruno, da Editorial OQO.

¿Vestes este fermoso vídeo? Está feito polo CEIP Campolongo, de Pontevedra. Vaia traballo bonito...
E cambiando de tema, o venres que vén tocaralles o turno a Sonia, Lucas e Aitana, de 6º. Xa estiveron argallando na clase. Se queredes ver, picade neste enlace. Teñen cada cousaaaaa!


Preparando o contacontos do venres na aula de 6º.

luns, 24 de novembro de 2014

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Outros anos na nosa Biblioteca. Coeducación
A semana pasada, no centro.
A convivencia, esa tarefa cotiá...



Para mañá recomendámosvos a lectura dos tres libros que Embora editou hai uns anos. Nós contamos con eles na Biblioteca e lerémolos na Hora de Ler e no recreo: O País dos mandóns, A urna dos desexos e O Segredo de Flora, da colección "A igualdade conta".

xoves, 20 de novembro de 2014

EL LADRÓN DE GALLETAS

SCOOBY DOO. EL LADRÓN DE GALLETAS
Joanna e Andrea continuaron cunha serie empezada o pasado curso; os libros de Scooby Doo, que tanto éxito tiveron. Hoxe contaron "El ladrón de galletas". A música orixinal dos primeiros debuxos ambientaron o conto...
Felicidades a Andrea e Joanna. Vede as imaxes:
E, se queredes, aquí tedes un capítulo de Scooby Doo: "La mansión del tío Daniel"

mércores, 19 de novembro de 2014

DEREITOS DOS NENOS E DAS NENAS. OS DEREITOS DA INFANCIA


Coas ilustracións de Quino

PREGUNTAS ÚRSULA LIBÉLULA

 Participates de concursos, escoitadores profesionais de contos nos recreos...

A partir de mañá xa podedes contestar. Lede ben a pregunta, pensade con tranquilidade, poñede o voso nome, e SORTE!

ÚRSULA LIBÉLULA


Como podedes ver no título, houbo un cambio de última hora. Hoxe adiantouse un conto a outro. ürsula Libélula foi o relato desta mañá na biblio. Mañá tocaralles a Joanna e a Andrea con Scooby Doo e O ladrón de Galletas; a ver se lles dá tempo...
Coa banda sonora da película Amelié e a proxección das imaxe, Irene, Alejandra e Elia contaron Úrsula Libélula. Espero que prestasedes atención porque xa sabedes que sempre hai preguntas que nos poden poñer nun "brete"... ¿Sabedes o que é un "brete"?
Estas son as imaxes da sesión e despois virán as preguntas:
¡NORABOA ALEJANDRA!, ¡NORABOA, ELIA!, ¡NORABOA, IRENE!
Foi un pracer escoitarvos. 
Quedades invitadas para outro momento.
¡GRAZAS!

martes, 18 de novembro de 2014

GAÑADORES AO PRIMEIRO CONCURSO "Los animales me aterrorizan"

Poñemos no voso coñecemento o nome dos gañadores do primeiro concurso deste trimestre. Recordámosvos a importancia de escribir o voso nome. Hai unha papeleta ben contestada pero sen dono coñecido... 
Por outra banda, como é un concurso para os nenos e nenas que escoitan aos seus compañeiros ou compañeiras contar o conto, o recoñecemento é para eles, se contestaron axeitadamente, claro. 
Sen máis de momento... Esperámosvos no contacontos de mañá. "Scooby-Doo: Los ladrones de galletas. E contan Andrea Salazar e Joanna Salazar. Recordádeo!

domingo, 16 de novembro de 2014

MATRIARCAS. Guadi Galego

Matrioskas, de Leandro Lamas.
¿Sabedes o que é o matriarcado? Segundo a RAG: Réxime social, político e xurídico no que a nai, e en xeral a muller, exerce un papel preponderante na familia e leva a xestión do poder na sociedade.
MATRIARCAS é o título desta nova cantiga de Guadi Galego. Para escoitarmos docemente esta tarde de domingo:

xoves, 13 de novembro de 2014

EQUIPO DA BIBLIOTECA

A verdade é que a reunión oficial do Equipo de Colaboradores da Biblioteca aínda non tivera lugar. Había que firmar o contrato e poñerse de acordo nos horarios, xa que ao ser tantos, podemos descansar algúns días e comprometérmonos outros. En fin, ... que xa era hora, e así foi. 


E a continuación, ¡por fin!, Lucas recolleu o seu merecido premio. Mira que tardaches en darte por aludido, eh?
A biografía de Garri Kasparov, da colección de "Me llamo...", de Parramón.
¡NORABOA, LUCAS!

mércores, 12 de novembro de 2014

E falando de Ciencia...: ROSETTA

Rosetta  achegándose ao cometa
Hai unha pequena entrada en Cadernos de Quinto e Sexto que se cadra poida interesarvos.
E na imaxe podedes acceder á lectura completa de "Un paseo por el espacio", un libro da Comisión Porespacio de TEDAE, prologado por Pedro Duque. Podes ler desde que é un vehículo espacial ata canto custa explorar o espazo. Anímate e entra no cosmos.
http://unpaseoporelespacio.org/libro_espacio/paseo_por_el_espacio/paseo_por_el_espacio.html

"Confinar a nosa atención aos asuntos terrestres, sería limitar o espírito humano". Stephen Hawking

Novembro: mes da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS

Novembro: mes da CIENCIA en GALEGO nas BIBLIOTECAS

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php

martes, 11 de novembro de 2014

ANTÓN CORTIZAS, PREMIADO. ¡NORABOA!

http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/anton-cortizas-a-natureza-e-como-un-gran-comercio-a-gran-xogueteria/20130219222726033895.html
Acabamos de celebrar o Día do Peón, cun montón de libros, entre eles, "Chirlosmirlos" e  "Tastarabás", claro; e para rematar esta xornada, enterámonos dunha boa nova. Antón Cortizas, o noso compañeiro de profesión, o noso autor querido acaba de ser premiado. "Xogando cos gatos" é a obra pola que lle é concedido o VIII Manuel María de literatura dramática infantil.  
Este recoñecemento súmase a unha longa lista que, esperamos, continúe e continúe e se faga tan extensa coma a súa humanidade e o seu bo facer.
Antón, ¡noraboa!, e moitos bicos dos teus amigos e amigas do CEIP de Pazos. Hoxe compartimos a túa ledicia.
¿Recordades esta imaxe de hai dous anos?
Sermos Galiza
Cultura. Xunta de Galicia

¡ATENCIÓN!

Mañá na hora do recreo, reunión do Equipo de Biblioteca. ¡Non faltedes!

DÍA DO PEÓN

Fixádevos en como estaba hoxe a entrada da Biblioteca. 
Había que celebralo, ¿non?
Polo San Martiño, 
peóns ao camiño

luns, 10 de novembro de 2014

LOS ANIMALES ME ATERRORIZAN: Preguntas

Esquecía as preguntas. Mañá xa poderedes contestar. Fixádevos ben á hora de facelo, e recordade poñer o voso nome; iso é oprimeiro, senón non sabemos quen é o autor ou autora das respostas.
¡¡Ánimo e a participar!!

* Lucaaaaasss! Terceiro avisooooo!
* Irene, contestaches moi ben a enquisa sobre o Samaín. Aínda que che sorprendería saber como facían nos tempos dos celtas..., que é onde ten a súa orixe esta festa.  Glup! Moitas grazas por participar. ¿Xa viches o conto que escribiches cando eras pequena ("LA MINIATURA")  no blog de 6º?

CONTACONTOS NO RECREO:

Contacontos: "Los animales me aterrorizan"

O prometido é debeda, din pola miña terra, así que hoxe, na hora do recreo, Alejandra e Sofía, que tiñan este compromiso con todos nós, contáronnos "Los animales me aterrorizan"  coa axuda de Aitana, que estivo no control de imaxe e encargouse da proxección da presentación.

Tivemos unha chea de xente, porque xa sabedes que o noso cole é un cole pequeniño, pois aínda así mirade cantos oídos había; tantos coma ollos. Membros do Equipo da Biblioteca axudaron a recompoñer rápidamente  o espazo, porque entre as exposicións e demais, temos todo cheo de libros, mesas, etc, etc. Baixamos as persianas, acomodamos os sofás, apagamos as luces, prendemos o proxector e. ... ACCIÓN!
Sofía e Alejandra repartiron ao final da sesión uns marcapáxinas a todos os que asistiron, buenos algúns quedámonos sen eles. Haberá que recuperar a plantilla e facer algún outro porque os grandes démosllelos aos máis peques para que non quedasen sen eles. 
NORABOA SOFÍA, NORABOA ALEJANDRA POR TER INICIADO ESTES RECREOS NA BIBLIO QUE TANTO NOS GUSTAN. ¡Moitas, moitas grazas!
E grazas, Aitana, porque fuches de gran axuda. Estiveches súper atenta a cada cambio, e iso que non era nada doado, porque este libro ten moitísimas ilustracións, ¿a que si?
Por certo; Lucas Grandal Laaaaama, segundo aviiisooooo, vas quedar sen recoñecemento ao gañador do concurso de preguntas do ano pasadoooooo. Non digo maaaáis...

domingo, 9 de novembro de 2014

DÍA DO PEÓN

Exposición na entrada da Biblioteca
Peóns, buxainas, sevillana, nocellas, trompos, ¿por cal destes nomes os coñeces ti?

Son uns divertidos xogos, en principio feitos de madeira aínda que agora podémolos atopar máis modernos elaborados con outros materiais coma plástico ou resinas... Eu quédome cos de madeira porque teñen o seu "aquel". Penso que bailan moito mellor e gardan nese nobre material a esencia deste xogo e o espírito do pasado.
¿Sabedes que xa eran coñecidos na época dos exipcios. Eles decoraban estas pezas con debuxos moi elaborados. Segundo di o Libro dos xogos populares galegos, consérvase un no British Museum procedente de Tebas, datado no ano 1250 ¡antes de Cristo!
Se queredes podedes ver a entrada no blog Cadernos de Quinto e Sexto, onde propoñemos algunha actividade.
Bibliografía: 
Chirlosmirlos. Antón Cortizas. Ed. Xerais
Tastarabás. Antón Cortizas. Ed. Xerais
O libro dos xogos populares galegos. La Voz de Galicia

xoves, 6 de novembro de 2014

APROXÍMANSE NOVOS CONTACONTOS NA HORA DO RECREO... ¡Avisamos!

¿Sóavos esta imaxe?
¡Claro que vos soa! Se é que sodes seguidores da Biblio e do seu blog, e das actividades que facemos ao longo do curso. Pois..., avísovos que a vindeira semana, se todo sae ben e nos dá tempo a preparar a posta en escea, comezamos. As primeiras valientes son Sofía e Alejandra. Van contar un conto de Babette Cole titulado "Los animales me aterrorizan", da Editorial Destino.
Lucas Grandal Lama, creo que alguén te debe o recoñecemento do concurso pasado.  Participaches en todas as preguntas e constestaches axeitadamente. Desta vez haberá que complicalo máis... Espero que esteas lendo este blog para enterarte ben de que te debemos algo... Xa podes pasar pola Biblioteca para saber que é...
¿Será un diploma, 
será unha noz, 
unha bombilla
ou un colchón?

¿Unha libreta,
un gran melón,
unha cabaza
ou un xamón?
Por certo, recórdovos as TRES SINXELAS PREGUNTAS de cada contaconto do concurso do ano pasado. ¿Estades dispostos e dispostas a participar este curso?