venres, 29 de maio de 2015

Contacontos: MISS ALEGRÍA

Aquí temos dúas "Miss Alegría": unha en papel e outra en carne e óso...
Sofía Sanjurjo López contounos hoxe no recreo Miss Alegría, e este contos ten historia porque é un agasallo da profe Rosa, para comprender o que trouxera en lingua finesa. Iso si que é unha historia, eh?
Pois ao que íamos, despois de bastantes complicacións coa proxección, Sofía acabou contando o conto como tradicionalmente faciamos, e cando o ordenador acabou de facer o que tiña que facer, decidiu que xa podíamos gozar da proxección; así que a medio conto, tamén houbo imaxes proxectadas. Vivaaaa!
No control da imaxe, Elia; de presentadora do conto e organizadora do evento, Alejandra; e de contadora, Sofía. O resultado, excelente. Noraboa a estas mozas de 4º, que non sei que fariamos sen elas.
Por certo, este contacontos fixo o número 31 deste curso. Non está nada mal. 
Un "Miss Alegría" de agasallo para colorear.

MATESPAZOS 10


xoves, 28 de maio de 2015

Contacontos: OS FANTASMAS NO LAGO NESS

Un conto de Jacques Duquennoy
Jesús Suárez Conchado, de 2º; Berto Lorenzo Iñíguez, de 4º e Julio do Rego Martinez escolleron "Los fantasmas del Lago Ness", publicado na Ed. Edelvives, para contar este mércores. É unha pequena narración acompañada dunha única viñeta por páxina que vai contando a viaxe destes catro amigos a terras escocesas. A verdade é que a súa ilusión era ver ao monstro do Lago Ness pero a sorte non lles acompaña..., ou si? Vaia sorpresa levaron ao ver as fotos!
A nosa noraboa para Jesús, Berto e Julio porque formaron un trío moi compenetrado. Esperamos que haxa máis ocasións coma estas o vindeiro curso. De momento, aquí quedan as imaxes.
Agasallo para os asistentes ao contacontos
Agasallo para os asistentes ao contacontos

MATESPAZOS 9


mércores, 27 de maio de 2015

MATESPAZOS 8


martes, 26 de maio de 2015

MATESPAZOS 7


luns, 25 de maio de 2015

MATESPAZOS 6


domingo, 24 de maio de 2015

Artigo no PAIS: "¿Recuerdas cuando leíamos de corrido?

http://politica.elpais.com/politica/2015/05/06/actualidad/1430927826_380794.html
Se fas clic na imaxe poderás ler un interesante artigo sobre os cambios que se están a efectuar na nosa forma de ler e de procesar a información segundo investigacións que se están a facer en diferentes universidades. Unha mostra:
... "Durante siglos apenas ha habido cambios. Aprendíamos a leer y a lo largo de nuestra vida íbamos perfeccionando esa habilidad. Ahora todo eso ha cambiado. Vamos saltando de un vínculo a otro. Leemos mucho, pero de una forma muy superficial. Como sociedad, estamos perdiendo la capacidad de formular ideas profundas y complejas. Corremos el riesgo de estar atontándonos, de pensar de manera más simplista y fragmentada. Tenemos que dar a la mente la oportunidad de manejar ideas complicadas”." (Andrew Dillon, catedrático de Psicología de la Información de la Universidad de Austin)

venres, 22 de maio de 2015

MATESPAZOS 5


xoves, 21 de maio de 2015

CONTACONTOS: UN LOBO ASÍ DE GRANDE

Lía, Gaia e Nuria preparadas para contar!
http://www.oceanotravesia.mx/ficha-libro.aspx?id=7030
"UN LOBO ASÍ DE GRANDE!, de Natalie Louis-Lucas, publicado por Océano Travesía foi o conto que escolleron Lía, Gaia e Nuria para contarnos hoxe pola mañá na hora do recreo.
O neno esforzábase en explicarlle á súa mamá como era o lobo que estaba detrás da cortina, pero cremos que a nai non acabou de crer de todo a historia do seu fillo... Sería verdade ou serían as imaxinacións do pequeno?
Como veredes a continuación nas imaxes as contadoras do conto aínda tiveron tempo para asinar autógrafos. Noraboa ás tres!
Agasallo para o público da sesión do contacontos

MATESPAZOS 4


mércores, 20 de maio de 2015

MATESPAZOS 3


martes, 19 de maio de 2015

MATESPAZOS 2


luns, 18 de maio de 2015

MATESPAZOS 1


domingo, 17 de maio de 2015

MATESPAZOS

Hoxe iniciamos MATESPAZOS cun conto na Biblio: "Fibonacci. El soñador de números", de Joseph DÀgnese, ilustrado por John O´Brien e publicado pola Editorial Juventud. Xuntámonos 3º, 4º, 5º e 6º. Un libro que recomendamos dende este blog. Se cadra, teriamos que parecernos máis a ese Leonardo de Pisa e soñar cos números e perseguir o soño ata facelo realidade.
Foi o punto de partida para os nosos  
RETOS MATEMÁTICOS
Moita sorte a todos e todas!

LETRAS GALEGAS

O pasado venres celebramos na Biblioteca o Día das Letras Galegas. Unha celebración modesta onde cantamos e repartimos premios. Agora vos contamos.
As semanas anteriores, a profe de música, Rosario, estivo practicando cos distintos grupos unha cantiga, xa tradicional, de Fuxan os Ventos: Sementeira. Pero tamén recordou o Himno galego, co que adoitamos pechar o acto de celebración. Ese día as profes Rosario e Rosana contaron coa colaboración de Yerai que se fixo cargo da percusión.
Esta é unha das ocasións en que Fuxan os Ventos xunto con outros artistas, puido emocionar, xa hai uns cantos anos, a todo ese público que corea Sementeira:
Sementar sementarei, 
loguiño de crarear, 
en tanto no pobo medre 
un meniño, un vello e un cantar. 
 Un meniño rebuldeiro 
que fale na lingua nai,
que suba aos pexegueiros 
a froita verde a roubar. 
Un vello que dé consellos,
un rostro de fume e pan,
que conte contos ós nenos 
do cuco e do paspallás. 
Un cantar de redención
un vello e novo cantar,
que troque a desolación 
nun limpo e claro alborear. 
Logo, déixaime morrer, 
entre dous regos, queimado, 
cando veñan os solpores 
dos homes esfamiados.
Tamén repartimos premios aos nenos e nenas que participaron ao longo do mes de abril na elaboración de personaxes de contos clásicos.

Houbo un premio especial para Armando Hernández Gómez polo seu traballo de Poesía e Imaxe no Centro.



Este é o fermosos poema en lingua éuscara, de Mikel Laboa

 Nerea Izango Zen


Queredes escoitar como soa este poema cantado por La Nuit Dévoilée?
              

 

Estas son as imaxes da Exposición dos traballos de Poesía e Imaxe, Biografía de Filgueira Valverde e libros dos históricos homenaxeados en anos anteriores. Tamén, os nosos libros nos que ilustramos oito momentos da vida do escritor ou escritora de cada curso.

OS TRES PORQUIÑOS NAS LETRAS GALEGAS

A profe Feli contou no recreo do día 15 unha versión moi especial cos seus alumnos e alumnas de 5º, onde non faltaron enriquecedoras aportacións á historia e como non?, música!
Pasámolo xenial, e cremos que os que estaban detrás deses monicreques, tamén. Xa veredes as imaxes...
Grazas, Feli, polo continuo entusiasmo, polo teu saber facer e por transmitir a grandes e pequenos a creatividade, a fantasía e a música.
Noraboa ao alumnado: Sabela, Borja, Yerai, Joanna e Alba; eses porquiños estiveron moi animados!
Exitazo totaaaaal!!... Habería alguén no patio??

venres, 15 de maio de 2015

CONTACONTOS: SCOOBY-DOO. EL REFUGIO ENCANTADO

Andrea Salazar Conchado e Alejandra Casero Jara, de 4º; xunto con Joanna Salazar Monteiro , de 5º, contaron onte, 14 de maio, un novo conto de Scooby-Doo. Vese que ten éxito porque Joanna e Andrea xa contaran no primeiro trimestre "O ladrón de galletas"... Agradecemos a vosa participación e esperamos que continuedes colaborando. FELICIDADES!!

mércores, 13 de maio de 2015

CONTACONTOS: E TI QUE FARÍAS POR MIN?


Elia contounos este conto de Fina Casalderrey, publicado pola Ed. Xerais: E ti que farías por min? Un conto con mensaxe. Malta e Marqués viven na rúa e levan uns días sen nada que levarse á boca. Ambos teñen actitudes moi distintas, e mentres Marqués deixa voar a súa imaxinación e se converte case nun poeta, Malta, cos pés na terra non deixa de buscar solución ao seu problema.
Un agradecemento para Kelly, que estivo no control de imaxe. E para Elia outro maior polo seu esforzo e entusiasmo. Noraboa!

luns, 11 de maio de 2015

FALANDO DE VERDEDADES

 Adoita andar pendurada
esa tal planta dos cartos
tamén a nós o diñeiro
nos ten colgados e fartos.

Ese poema, do libro VERDEDADES,  estivo unha semana debaixo destas dúas fermosas "plantas dos cartos" que temos no corredor do noso cole. Sen maior publicidade: plantas e carteliño.
Días máis tarde apareceu unha nova nota (en rosa na foto). Non pasaron cinco minutos ata obter a resposta, que foi rápida, contundente e acertada!
A nota dicía:
Xaime é o conserxe do noso colexio, aliado incondicional da biblioteca, e el foi a primeira estación. De aí, quen fose que lese a mensaxe, tería que pasar á segunda, onde diría o nome da autora do libro en cuestión. Logo de pasar as dúas probas, a primeira e única persoa obtería o "premio".
E quen o levou? Pois como vedes na imaxe, Lucas, que rematou a clase de Educación Física e vese que seguíu correndo ata conseguilo.
Moitas felicidades por algo moi importante: LER!

mércores, 6 de maio de 2015

ORELLAS DE BOLBORETA

Nuria Charlín Pérez, de 3º; Julio do Rego Martinez, de 5º; e Cristian Blanco Muíño, de 6º uniron forzas para contar un conto que nos rechifla: "Orellas de bolboreta", de Luisa Aguilar, ilustrado por André Neves e editado por Kalandraka.
No ordenador, a cargo da proxección, estivo Elia Somaza Nieto.
Como vedes, no recreo e voluntario; non podemos pedir máis.
Noraboa aos tres contacontos e moitas grazas a Elia pola súa constante axuda.

martes, 5 de maio de 2015

CHISPA: ¡Sorpresaaaa!

¡Mirade que preciosidade nos trouxo 
Iker Fernández Abelleira, de 4º, 
feita pola súa avoa! 
¡Unha fermosa CHISPA!
¡MIL GRAZAS!

domingo, 3 de maio de 2015

PARTICIPANTES : Personaxes de Contos Clásicos

Estaban pendentes de publicar as fotos dos participantes na Exposición de PERSONAXES DE CONTOS CLÁSICOS. As nosas razón tiñamos; queriamos que as visen antes en papel que no blog; así que houbemos de esperar un pouquiño.
Aquí están todos eles. NORABOA A TODOS E TODAS E MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
O ANO QUE VÉN, MÁIS?