venres, 27 de abril de 2007

Sobre a nosa BIBLIOTECA


Como o noso blog é moi recente, temos moitas cousas pasadas que contar. Pouco e pouco irémosvos ensinando a nosa Biblioteca.
Este ano disfrutamos do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, e grazas a el estamos a conseguir moitas cousas; xa fixemos algunha modificación, pero aída soñamos con cambios máis ambiciosos. Entre outras cousas pensamos nun cambio da porta: pasamos dunha vella porta de madeira a unha de cristal e, este ano decoramos o cristal coa nosa mascota. Que vos parece este cambio?
Queda moito por facer, estamos no comezo pero, se cadra esteamos no bo camiño.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Noraboa a persoa que tivo a idea de facer este cambio tan espectacular. A porta quedou preciosa e a mascota CHISPA encántame.
Esa porta invita a entrar,espero que a usedes moito.