luns, 1 de outubro de 2007

CLARO QUE XA ESTAMOS DE VOLTA




Levabamos tempo agardando poder dar algunha nova e aquí estamos outra vez. Despois deste verán, ao regreso atopamos unha sorpresa: a Biblio en OBRAS!!!, outra vez en obras; pero por fin imos ampliar o noso espazo e esperamos que pronto poidamos disfrutar dela. De momento só podemos publicar estas fotos, que non din moito pero poden axudar a facerse unha idea do que nos espera cando todo estea acabado e listo para "empezar". Ánimo que xa queda menos.


2 comentarios:

BiblioArzúa dixo...

Ánimo coas reformas, son un fastidio, pero son necesarias para acadar un soño que estou segura pronto se fará realidade.
Bicos dende Arzúa

Anónimo dixo...

Agora hai que sufrir un pouco pero logo virá a recompensa. E cando estea lista ¿o qué vades a disrutar? Merece a pena ¡ÁNIMO!