luns, 24 de xaneiro de 2011

O HORRIBLE MONSTRO AO QUE LLE GUSTABA LER





CONTACONTOS no recreo. A profe Rosa agasallounos cunha fermosa historia que traduciu para nós. "O horrible monstro ao que lle encantaba ler", de Lili Chartrand, ilustrado por Rogé .
Estas son as imaxes da sesión de hoxe, e a continuación tedes o inicio do conto para que vos fagades unha idea. A verdade é que pasamos un bo rato vendo como este monstro descubría o que era un libro, e por último, unha paixón descoñecida: o gusto polos contos!
E non me refiro á lambetada que lle deu para probalo...
Grazas, profe. Xa sabes canto nos gustan estas historias...



1 comentario:

profe Rosa dixo...

Con un público tan agradecido coma éste, podería unha vir todos os días a contar historias a esta tan fermosa Biblioteca, e con compis tan especiais que convirten calquera instante en algo máxico, moito máis!!!