mércores, 24 de outubro de 2012

CELEBRAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS


A profe Feli felicitounos o DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS fixemos dúas sesións na biblio: primeiro foron os máis pequenos e despois o 2º e o 3º ciclos. 
Escoitamos esta pequena presentación da man de Roi e Chispa:


Chispa e Roi saúdannos

Os mais pequenos escoitan a Chispa e a Roi
Despois vimos os audiovisuais "A castaña que rebentou de risa" para Infantil e o 1º ciclo de Primaria; os maiores tamén viron "A fantasma solitaria".
Pero aínda houbo máis. Chispa visitou as aulas e deixou algún agasallo mentres nós estabamos na biblio: uns marcapáxinas feitos coas ilustracións dos nenos e nenas que quixeron participar coas súas ilustracións.
¡Un aplauso para o blog!

Ningún comentario: