mércores, 21 de novembro de 2012

DEREITOS DA INFANCIA

Temos pensado facer unha celebración conxunta o 10 de decembro para recordar os Dereitos da Infancia e celebrar os Dereitos Humanos. Pero hoxe non podiamos deixar de traballar algo tan importante como son os NOSOS DEREITOS. Estas dúas semanas estivemos a ler libros da Exposición nas nosas aulas na HORA DE LER. E esta mañá, os maiores vimos un audiovisual do "Museo do Humor" de Fene que trata sobre os Dereitos da infancia visto por moitos humoristas tanto da nosa terra coma de fóra. Unha moi interesante exposición que trataremos ter con nós ao longo deste curso. De momento, conformámonos con comentar o audivisual, que por certo, aínda nos dá para máis e máis.
E na hora do recreo, como xa teredes adiviñado, houbo un contacontos: "A casiña de chocolate". Quixemos relacionar este conto clásico co 4º dereito, no que, entre outras cousas, dise que o neno e a nena teñen dereito a unha vivenda. Claro teñen dereito á seguridade dunha vivenda e a unha familia que os cuide e os protexa. ¿Non credes que tamén este conto dános para comentar estes dereitos?
Había unha grande expectación porque este curso aínda non nos estreáramos. ¿Queredes ves as fotos? Aquí volas deixamos.
Parécenos moi claro este vídeo que coñecemos a través do blog da nosa "compi" Ana Martínez: AULA TIC. Grazas, Ana, sempre estás atenta ao que nos acontece. Un biquiño para ti de todos nós.

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Unha entrada fantástica. Alédome que vos gustase o video. Eu tampoco me olvido de vos. Unha forte aperta.