martes, 23 de abril de 2013

EL POLLITO PITO. Contacontos nos recreos.


"El Pollito Pito" foi o contacontos de hoxe no recreo. "El pollito Pito, la Gallina Fina, el Gallo Malayo, el Pato Zapato y el Ganso Garbanzo" preocupados van ver ao Rei para avisalo de que o ceo vai romper: ¡Ao Pollito Pito caeulle unha mazá na cabeza! O rei agradecido dálles a cada un unha moeda de ouro... Grazas a Mª Carmen por facernos pasar este bo rato, cunha galiña incluída que poñía ovos. Iso si que foi unha sorpresa.
Ademais, as moedas do rei, convertéronse en ricas moedas de chocolate. ¡Mmmmm! ¡Ñam-ñam-ñam!

Se queredes ver as fotos do recreo, aquí quedan. ¡Ata pronto!

Los pollitos dicen pío, pío, pío:

E navegando pola rede...

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Nótase que se lles gustou o conto que están todos moi atentos e sorrintes. Encántame a galiña que pon os ovos, je,je Un bico.