xoves, 25 de abril de 2013

LA MÁSCARA. Contacontos nos recreos.



¡Un conto de medo! ¡Un conto de medo! Hoxe a profe Isabel contounos LA MÁSCARA, de Grégoire SolotareffIlustraciones: Grégoire Solotareff. Editorial Corimbo. Tivo varios axudantes: Adela, Hugo, Dani... Pero ¿sabedes unha cousa? Houbo quen asegurou que non lle daba nada, nada de medo. ¡Pero que clase de público é este que non lle ten medo ao  lobo! A un lobo feroz que se zampa a dous nenos nin máis nin menos; a Ulises e Lilá. Menos mal que estes dous irmáns souberon defenderse dende dentro do bandullo do lobo. ¿A que si?
* Pero agora, vouvos facer unha pregunta. ¿Saberiades contestar a que xogaron despois Ulises e Lilá? Se alguén sabe a resposta, que a bote dentro da caixa que estará preparada na biblio. Recordade asinar a vosa resposta; senón no saberei quen contestou ben... ¡¡Aahhh!! ¿Xogamos?

E aquí as fotos do contacontos de hoxe:
E navegando pola rede:

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

Pero que valentes son! Nin se asustan cos contos de medo! Seguro que disfrutaron un montón. Un biquiño.