luns, 29 de abril de 2013

OS TRES PORQUIÑOS. Contacontos nos recreos


Ilustración para o conto

Esta mañá tocoulle a vez á profe Rosana. O conto elexido foi "Os tres porquiños", a versión de Kalandraka, pero hoxe tiñamos unha peculiaridade na biblio. É que alí reunidos non había TRES! senón ¡NOVE PORQUIÑOS!
¡¿COMO?! Pois porque de todas as maquetas de contos clásicos que foron aparecendo polo cole (xa sei que aínda non volas ensinamos), tres son de "Os tres porquiños". Vaia, que éxito de porcos!
Pero non vaiades pensar que todo quedou en escoitar o conto, que va. Tamén cantamos a cantiga (Galinova), despois fixemos unha "Carreira de sopros", con palliñas e bólas de papel de cores. ¡Pffff! Foi un pouco canso e botóusenos o tempo do recreo enriba, senón xa seriamos uns especialistas. ¿Que opinades? Haberá que seguir soprando outro día, non si? E por último, repartimos uns poquiños despregabres, para recortar e facer tres encadeados parecidos a este.


Crese que este conto é unha fábula de autor descoñecido, aínda que hai quen a atribúe a Perrault ou aos irmáns Grimm. Como moitos sabedes, as fábulas rematan cunha "moraleja" ou ensinanza. ¿Cal pensades que podería ser a desta? Algo así como que é mellor esforzarse por facer o traballo ben feito para obter bos resultados que traballar pouco para poder xogar. ¿Recordades o que lles pasou aos dous porquiños menos traballadores? Ao final, ¿cal triunfou?
Aquí tedes as fotos cun pouquiño de todo.

A continuación, unha versión de Disney


E se queredes practicar un pouco en inglés...

Ningún comentario: