sábado, 7 de novembro de 2015

PREMIOS DA CRÍTICA GALIZA 2015

Estamos de noraboa.
“Pola súa traxectoria coherente, impecábel e ancorada na terra, así como o feito de ter acadado un estilo persoal e á marxe de etiquetas”, foi o que manifestou o xurado á hora de outorgarlle a Guadi Galego o Premio de Música, dos Premios da Crítica Galiza 2015.

A viaxe de Gagarin é unha novela que vén culminar un ciclo narrativo, na que o autor realiza unha emotiva viaxe desde o presente cara a unha parte da nosa historia recente tantas veces silenciada”. Agustín Fernández Paz recibiu o Premio de Creación Literaria, dos Premios da Crítica Galiza 2015.
"Por unha traxectoria que reúne tradición e actualidade, feita sempre dende unha visión moi persoal”. Xaquín Marín, Premio de Artes Plásticas e Visuais, dos Premios da Crítica Galiza 2015.

A eles tres, porque nos tocan máis de preto, 
e ao resto dos premiados, NORABOA!! 
E a Guadi, "compañeira de viaxe", 
un bico.

1 comentario:

Ana Martínez dixo...

A miña noraboa para todos os premiados. Unha aperta.